jueves, 11 de enero de 2018

Onte estivemos praticando coa profe Vanesa e fixemos unha actividade de soprar que nos gustou moito.

Tamén estivemos experimentando cos pes, para o proxecto que estamos facendo cos outros nenos de Europa. Pisamos fariña, pedras, algodón, plumas, papel de lixa...
O próximo día toca xogar coas temperaturas.

lunes, 8 de enero de 2018

Tamén nos gustan moito os contos da editorial OQO, que temos na biblioteca da aula e na do cole, e ás veces levámolos para a casa.
Pois estes contos tamén están en debuxos animados na páxina da crtvg. Para poder velos tedes que premer nas letras que están debaixo das imaxes. E despois na páxina da TVG, "Os contos do camiño".

OS CONTOS DO CAMIÑO, OQO




COMO  NOS  GUSTAN TANTO OS CONTOS DOS BOLECHAS  AQUÍ  TEDES  UN  ENLACE

Á  PÁXINA  DA  CRTVG  ONDE  PODEDES VER  DISTINTOS CAPÍTULOS  DOS

BOLECHAS.  SO TEDES QUE CLIKAR CO RATO NO TÍTULO QUE ESTÁ DEBAIXO DA

IMAXE.



miércoles, 3 de enero de 2018

ASÍ DE BEN O PASAMOS O DÍA DO FESTIVAL DE NADAL.
O último día de clase antes das vacacións de Nadal chegounos a postal dos nenos e nenas do cole de Francia cos que imos a facer cousas sobre o Nadal e os Reis en Galicia.