jueves, 16 de noviembre de 2017

E para rematar, xa de volta no cole, unha pequena charla e un conto para que recordemos como temos que comportarnos como peóns.

Hoxe saímos de excursión.

A NOSA PRIMEIRA EXCURSIÓN!!!

Fomos á Macoca, aquí en Tui, e participanos nunhas actividades propostas pola DGT, voltamos encantados.
Xa temos a pizarra dixital en marcha, e xa comezamos a traballar e xogar con ela.
O xoves pasado visitáronnos os avós de Sabela e de Xavi, que estaba na nosa clase o ano pasado, pero agora xa é un neno de primeiro. Veu o avó Manolo, a avoa Mercedes e a bisavoa Juana.
Contáronnos moitas cousas de como vivían cando eles aínda eran un nenos/as, como vestían, como ían ao cole, como era este, o que había e o que non había...


E, vaia coincidencia, ese día era Sabela a encargada.


domingo, 5 de noviembre de 2017

Comezamos o Proxecto "EN BRANCO E NEGRO: COMO VIVÍAN ANTES"

A primeira avoa en visitarnos foi a avoa de Jorge, que se chama Pili.


Chegou o Samaín e fixemos unha festa na aula cos outros nenos e nenas de infantil.



Celebramos o magosto no cole, e tiñamos uha particular castañeira.

Merendamos os "choripan", e tamén bocatas de queixo, comemos castañas e xogamos aos xogos en

 diferentes grupos.




En outubro, o celebramos o aniversario de Noa Patricio, que facía 4 aniños e o de Nicolás que

 cumpría 3.  Parabéns.



O día 24 de outubro celébrase o Día das bibliotecas escolares. No noso cole participaron todos os

cursos, o noso traballo foi sobre o Polo Pepe.

Canción do Polo Pepe.






Tamén celebramos os aniversarios do mes de setembro, o cumple de Yanira e Yoel.


Xa tivemos a nosa primeira clase de música coa profe Vero, e pasámolo xenial!!!


Comezamos cantando e traballando co Polo Pepe.  O conto que máis nos gusta.



Xa somos capaces de facer a asemblea como nenos e nenas maiores.


Empezamos a traballar...

ASÍ FORON OS NOSOS PRIMEIROS

DÍAS NO COLE.
Coñecendo a biblioteca
Xogando coa plastilina
Cos quebracabezas
As primeiras merendas.


Hola a tod@s. Comezamos un novo curso neste cole e todas as cousiñas que vaiamos facendo serán

publicadas aquí para todas as familias e amigos desfruten con elas.

Desexamos que vos gusten.